Nestes días de Nadal non podian faltar os contos relacionados coa temática.
Para que os nenos e nenas foran cavilando sobre o que pedir ós Reis (o que seguro que non lle adicaron naaaaada de tempo estes días) "contamos este conto":
CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS, da editorial Kalandraka.
Gustounos moito, moito porque ademais ten unha canción moi sinxeliña que di:
O TREN DE MARTIÑO, CHU, CHU, CHU
VAI POLO CAMIÑO, CHUCU CHUCU CHU.
(Agora cando imos en fila, no noso tren particular, cantamos esta canción)
E despois de disfrutar co conto pasamos a facer o noso tren de Martiño. A consigna a seguir para que fóra igual o que quería Martiño era: un tren de tres vagóns, o primeiro vermello, o do medio azul e o último amarelo. Aquí tendes un exemplo de como nos quedou...