HOXE COMEZAMOS A PREPARAR UN NOVO RECUNCHO DA CLASE. SERÁ UN LUGAR ONDE IR A RELAXARNOS E TRANQUILIZARNOS CANDO NOS ATOPEMOS NERVIOSOS, ENFADADOS... DE MOMENTO CHAMÁMOSLLE A NOSA "CABAÑA". HOXE BUSCAMOS UN SITIO DA CLASE ONDE COLOCALO. OS NENOS E NENAS DIXERON UN MONTÓN DE SITIOS POSIBLES PERO NON TODOS SERVÍAN. SE O COLOCABAMOS NON PODIAMOS ABRIR UNHA PORTA, OU O ARMARIO, OU XOGAR NUN RECUNCHO... DESPOIS DE MOITAS PROPOSTAS QUEDAMOS CON TRES POSIBLES E, FINALMENTE, TRAS A CORRESPONDENTE VOTACIÓN, ESTE FOI O LUGAR ELIXIDO:
A SEGUINTE DECISIÓN DO DÍA FOI: ¿QUE PODEMOS COLOCAR DENTRO PARA SENTARNOS E ESTAR CÓMODOS? E AS IDEAS FORON UN SILLÓN, UNHA SILLA, UN COXÍN... O SILLÓN TIVEMOS QUE DESCARTALO PORQUE É MOI GRANDE E NON CABÍA E ADEMAIS NON TIÑAMOS NINGÚN NO COLE. ENTRE SILLA E COXÍN GAÑOU POR MAIORÍA O COXÍN. E, DE MOMENTO, ESTES FORON OS AVANCES.
O LUNS CONTINUAREMOS... AÍNDA NOS QUEDA MOITO: DECIDIR UN NOME PARA O RECUNCHO, CONSENSUAR UNHAS NORMAS DE USO, AMBIENTALO PARA QUE NOS AXUDE A RELAXARNOS...
AQUÍ TENDES ALGUNHAS FOTOS DO PROCESO...