NA SESIÓN DESTA SEMANA FIXEMOS UN MONTÓN DE XOGOS E, TODOS ELES, ELIXIDOS POLOS PROPIOS NENOS.
- O PRIMEIRO FOI "A ZAPATILLA POR DETRÁS". ENSINEILLOS HAI UN PAR DE SEMANAS E QUIXERON REPETILO PORQUE LLES GUSTOU MOITO.
- DESPOIS O TAN ARCHICOÑECIDO "JUEGO DE LOS CONEJITOS". FOI O PRIMEIRO XOGO NO XIMNASIO QUE LLES ENSINEI CANDO COMEZARON EN 3 ANOS E AÍNDA É HOXE O DÍA QUE QUEREN XOGAR. ISO SI, CON CAMBIOS. ANTES ERA A PROFE A QUE FACÍA DE LOBO E ELES DE COELLIÑOS. AGORA XA NON PRECISAN DA PROFE: ELES SOIÑOS FANNO TODO.
- A CONTINUACIÓN, O TAMÉN COÑECIDO XOGO DO "GUSANITO VENENOSO", QUE CONSISTE EN ATRAVESAR UNHA FILEIRA DE AROS SEN PISAR O DA COR VELENOSA. TAMÉN, NESTA OCASIÓN, FOI MÁIS COMPLICADO, COS AROS MÁIS PEQUENOS QUE TEMOS NO XIMNASIO.
- XA PARA REMATAR XOGARON NOS RECUNCHOS NOVOS QUE TEMOS NO XIMNASIO, QUE AGORA TEMOS DIVIDIDO POR ZONAS, PARA FACILITAR O XOGO: DEBUXO, PELOTAS E PORTERÍAS, COLCHONETAS, CONSTRUCCIÓNS E OS BONECOS.
AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DE TODO ISTO!!!!!!!!!