SEGUIMOS PRESENTANDO OS TRABALLIÑOS DA PREGUNTA DO MES DE XANEIRO.
PAULA: RUSIA
PAULA FALOUNOS DE POR QUE QUERE IR A RUSIA, ONDE VAI FRÍO, HAI MATRIUSKAS, MOITAS COMIDAS RICAS E QUE ESTÁ MOI LONXE (A 4 OU 5 DÍAS EN COCHE).
MANUEL: MÉXICO
MANUEL QUERE VISITAR MÉXICO PORQUE LLE GUSTARÍA COÑECER O DESERTO QUE HAI ALÍ. TAMÉN NOS DIXO QUE ESTÁ MOI, MOI LONXE.
GABRIEL: ANTÁRTIDA
GABRIEL TAMÉN ELIXIU UN DESTINO MOI LONXANO E, SOBRE TODO, MOI FRÍO. ALÍ GUSTARIALLE VER OS PINGÜÍNS, ORCAS E FOCAS. NÓTASE QUE LLE GUSTAN OS ANIMAIS!!!!!