ESTES NENOS E NENAS TEÑEN MOITAS GANAS DE CONSEGUIR A SÚA MEDALLA DE COR LARANXA!!!!!!! E PARECE SER QUE ESTA FIN DE SEMANA DEU MOITO DE SI PORQUE HOXE NOMEAMOS A 5 SABIOS!!!!!!! ALÁ IMOS COS SEUS TRABALLIÑOS!!!!!
MARÍA PENA: FALOUNOS DO "LORO PARQUE" DE TENERIFE A ONDE FOI CANDO TIÑA 3 ANOS E A ONDE NON LLE IMPORTARÍA VOLVER. ALÍ PUIDO VER PINGÜÍNS, ORCAS, LOROS, DELFÍNS, GORILAS, LEÓNS MARIÑOS...
MANUEL: UN LUGAR QUE LLE GUSTOU MOITO A EL FOI "MANZANEDA" PORQUE ALÍ PUIDO XOGAR COA NEVE, FACER UN BONECO... E TODO ISO A PESAR DE QUE PASOU MOITO FRÍO.
PAULA: CON ELA PUIDEMOS COÑECER UN NOVO SITIO DE PORTUGAL, "MAGIKLAND". O QUE MÁIS LLE GUSTOU FOI A MONTAÑA RUSA. ESTIVO CATRO DÍAS ALÍ CO SEU PAPÁ E A SÚA MAMÁ.
MARÍA PORTELA: MARÍA COINCIDIU CON PAULA E TAMÉN NOS DESCUBRIU UN SITIO DE PORTUGAL DIFERENTE: "MARINHA GRANDE". A SÚA VIAXE RESÚMESE EN TRES PALABRAS: PISCINAS, PRAIAS E SOL. QUE ENVEXA VERDADE?
LAURA: LAURA VISITOU FAI MOI POUQUIÑO "MARCELLE", EN LUGO. ALÍ DISFRUTOU DUN CHIRINGUITO PARA XANTAR, UN PARQUE PARA XOGAR E DE MOITOS ANIMAIS. TANTOS, TANTÍSIMOS QUE NON LLE COLLÍAN TANTOS NO SEU TRABALLIÑO.
MOITAS FELICIDADES POR TODOS ESTES FANTÁSTICOS TRABALLOS.
ANIMAMOS ÓS DEMAIS PARA QUE COMPARTAN PRONTIÑO OS SEUS CONNOSCO!!!!