HOXE TOCOU UNHA VISITA POLO POBO, POR MOAÑA.
TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE, COAS PROFES, FOMOS CAMIÑANDO ATA A PRAZA DE ABASTOS PARA COÑECELA UN POUQUIÑO MÁIS.
HABÍA PANADERÍAS, FROITERÍAS, CARNICERÍAS... E, POR SUPOSTO, PEIXERÍAS.
ASÍ PUIDEMOS MIRAR UN MONTÓN DE PEIXIÑOS (ATA DOUS CANGREXOS TROUXEMOS DE REGALO) E ATA TIBURÓNS PEQUENIÑOS.
TAMÉN NUNHA FROITERÍA COMPRAMOS UNHA GRANADA (QUE DESPOIS DEGUSTAMOS NA MERENDA) XA QUE NOS CHAMOU MOITO A ATENCIÓN (PENSARON QUE ERA UNHA CEBOLA) E ALGÚNS NUNCA A PROBARAN.
POR ÚLTIMO FIXEMOS UN DEBUXO DA PRAZA DE ABASTOS NUNHA LÁMINA PARA PARTICIPAR NUN CONCURSO. CANDO ESTÉ REMATADA XA VOS ENSINAREMOS O RESULTADO.
EN DEFINITIVA, UN DÍA DO MÁIS AXETREADO...
Customize a free slideshow |
1 comentario:
Un paseo a la plaza muy educativo, seguro que aprendieron muchísimas cosas y encima divirtiendose, estupendo!
Publicar un comentario