sábado, 29 de septiembre de 2012

ANIVERSARIOS SETEMBRO

Cada último venres de mes celebraremos os aniversarios correspodentes cunha pequena festa. Estrenáronse Diego e Aitana, que xa cumpriron 3 anos. Estiveron moi contentos sendo os protagonistas da festa. Moitas grazas ás súas familias por traer todo o necesario. E moitos parabéns para eles!!!!!!!!!

viernes, 28 de septiembre de 2012

AS PRIMEIRAS MERENDAS...

Os primeiros días tamén fixemos uns manteliños para a merenda. E aquí estamos na primeira merenda. Así non manchamos a mesa nada, nadiña.

COÑECEMOS O PATIO...

Sempre que o tempo o permite salimos a xogar un ratiño no patio. Coa area, as carretillas, o tobogán... É moi divertido!!!



TRABALLAMOS UN POUQUIÑO...

Os primeiros días do cole pasamos a maior parte do tempo coñecéndonos e coñecendo o cole. Pero tamén lle dedicamos un pouco de tempo a traballar. E fixérono moi ben...


XOGAMOS NOS RECUNCHOS...

Na clase temos algúns recunchos nos que podemos xogar libremento. Despois de divertirnos, sempre os deixamos moi ben recollidos. "A recoller, a ordenar, cada cousiña no seu lugar".

COMEZAMOS...

Os primeiros días dos nenos e nenas de 3 anos (ou incluso 2 anos) no cole non sempre son fáciles. Quedan nun lugar descoñecido para eles, alonxados das persoas que máis os queren e cos que levan compartindo o seu aínda pequeno tempo de vida. Pero, no cole, esperan unhas mestras dispostas a que este camiño de adaptación sexa o máis rápido posible. Nas seguintes entradas móstranse algúns dos momentos vividos nos primeiros días. Comeza así a gran aventura que viviremos xuntos durante os vindeiros 3 anos...