lunes, 24 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS!!!!!!!!!!!!!!

DESDE A ESCOLA DO CON E, EN ESPECIAL, A PROFE MARÍA, DESEXAMOS QUE PASEDES UNHAS FELICES FESTAS E QUE TEÑADES UNHA MOI BOA ENTRADA NO ANO 2013. 
BO NADAL!!!!!!!!!!!!!!

CANTAMOS...

Despois de dúas semanas ensaiando chegou o momento da posta en acción. Alí estaban todas as familias esperando a actuación e, como xa pasara no Magosto, nese momento entran as vergonzas. O certo é que no último ensaio salira fenomenal. Chegado o momento decisivo fixeron o que boamente puideron. Aqui tendes un pequeno fragmento para comprobalo.

FESTA DE NADAL

O venres 21 de decembro, último día de clase do ano, celebramos unha festa no cole. Primeiro, todos xuntos, cantamos unha panxoliña do disco "Xa me tardan estes magos" de Mamá Cabra. Despois, recibimos as SSMM Os Reis Magos de Oriente. E, xa por último, disfrutamos dun rico chocolate acompañado dun delicioso roscón.
 Acompañados das nosas familias pasamos unha moi boa mañá. Mirade, mirade.

A CASIÑA DE CHOCOLATE

Durante todo o mes de decembro tivemos unha casiña de chocolate na nosa clase. En cada unha das ventás estaba escrito un número que se correspondía cun día da semana. 
O encargado ou encargada tiña que abrir a fiestra e dentro había... unha chocolatina.
 Así, comemos árbores, botas de nadal, campás... O último día, antes do festival, sorteamos a casiña para levar para a nosa casiña. E tocoulle a...

REBECA

jueves, 20 de diciembre de 2012

E MAÑÁ... FESTA

Mañá, venres 21 de decembro, comeza o inverno e tamén as vacacións. Pero antes de todo iso teremos unha gran festa no cole. Cantaremos, recibiremos a visita dos Reis Magos, comeremos, xogaremos... Será un día moi especial. 
Esperamos a tódolos nenos e nenas e as súas familias.

PIZARRA DIXITAL E PSICOMOTRICIDADE

O mércores, despois do recreo, fixemos dous grupos: as "mariposas" e os "gatos" para facer dúas actividades. Así, con grupos máis pequenos, de 7 nenos e nenas, sería máis fácil realizar os xogos previstos. Un dos grupos foi coa profe Estíbaliz a facer uns xogos de psicomotricidade no ximnasio. E o outro grupo foi coa profe María á xogar na pizarra dixital que está na biblioteca. Agora que xa somos máis maiores e que xa sabemos esperar o noso turno imos comezar a utilizar esta nova ferramenta que nos gustou moito. E cando rematamos os xogos, cambiamos de lugar, de tal forma que tódolos nenos e  nenas realizaron as dúas actividades. Foi unha moi boa experiencia que a partir de agora repetiremos cada certo tempo.
E aquí están as imaxes para que comprobedes o ben que o pasamos.

PIZARRA DIXITAL

PSICOMOTRICIDADE

martes, 18 de diciembre de 2012

PAT EL CARTERO

Antes de marchar para casa, y relacionado con la Navidad y la visita que habíamos tenido, hemos visto un capítulo de Pat el Cartero. Para muchos niños y niñas ha sido todo un descubrimiento ya que no lo conocían, y por lo atentos y atentas que estaban creo que les ha gustado mucho. Aquí lo tenéis por si quieren volver a verlo en casa.

VISITA DEL CARTERO

Para hoy teníamos prevista una pequeña salida en los alrededores del cole: queríamos acercarnos hasta Correos porque teníamos unas cartas para entregar. Pero, en pleno otoño lluvioso de Galicia, no ha sido posible. Y si Mahoma no va a la montaña, la montaña va a Mahoma. Los niños y niñas se han quedado muy chafados: era una salida marcada en nuestro calendario desde la semana pasada y fue muy complicado para ellos comprender que con lluvia no podíamos salir: "yo tengo capucha", "y yo botas para el agua", "y yo paraguas"... Pero, a eso de las 10 y media, nos juntamos todos en la biblioteca y allí estaba el CARTERO. Aprovechamos para hacerle algunas preguntas sobre su profesión y metimos en su gran saco nuestras cartas. Lo que hay dentro de esos sobres es la sorpresa que estuvimos preparando. 


Antes de marchar para casa hemos visto un capítulo de "PAT ELCARTERO" relacionado también con el tema de la Navidad y que nos ha gustado mucho. 
Para algunos y algunas ha sido todo un descubrimiento, pues no lo conocían. 
Aquí lo tenéis por si quieren volver a verlo en casa.

viernes, 14 de diciembre de 2012

O NOSO BONECO DE NEVE

O boneco xa secou, as pezas tamén, xa están recortadas... Temos todas as "pezas do puzzle" e agora só había que montalo. E, coma sempre, puxémonos mans á obra. Un a un fomos colaborando: gorro, ollos, nariz, boca, bufanda, manoplas, botóns... A este boneco noso non lle falta detalle. E o máis importante, é un boneco de neve feliz, como o da canción que, por certo, cada día nos sale mellor. Unha vez rematado salimos ó corredor e, entre todos, buscamos un bó sitio para colocalo e no que todos os papis e mamis o puideran ver. E atopámolo. Un pouquiño máis para arriba, un pouquiño para baixo, unhas chinchetas... e tatatachán... Xa o temos. Unhas fotos de recordo e tarefa rematada.

miércoles, 12 de diciembre de 2012

O NOSO BONECO DE NEVE FELIZ

Despois de ler o conto e practicar a canción do Boneco de neve feliz, a profe propuxo facer o noso propio boneco, un moi grande para o corredor. E foi dicir témperas e pintura de dedos para que todos aceptaran encantados. E a profe decidiu facelo todos xuntos, cada un encargado dunha parte do boneco. Xa levamos un tempiño no cole e temos que aprender a esperar, a facer algo todos xuntos, sen ter á profe sempre pendente de nós... 
E ademais non tiñamos a profe Estíbaliz que estaba noutra clase (que rápido nos acostumamos a súa axuda e como a botamos de menos cando non está).
O primeiro que fixemos foi elixir unha tarxeta para ver que nos tocaba pintar: o corpo do boneco, o gorro, os botóns, as manoplas... Repartidas as tarefas, repartímonos pola clase. Uns no chan, outros na mesa da plasti, outros nas mesas de "traballar"... 
Repartimos esponxas, pinceis, pintura... e a PINTAR...
Agora temos todas as pezas a secar. Mañá montaremos o boneco todos xuntos e poderemos comprobar como nos quedou. Xa nos diredes a vosa opinión... 
Aquí vai un adianto para que vos vaiades facendo unha idea.

EXPOSICIÓN DE CALCETÍNS DE NADAL

Nós xa sabiamos que tiñamos unhas familias que eran unhas auténticas "manitas" pero aínda non salimos do noso asombro coas verdadeiras obras de arte feitas. 
Esperamos que aproveitarades esta actividade para disfrutar cos vosos fillos e fillas. Quedaron superchulos na exposición. 
Para aqueles que non teñen a oportunidade de disfrutalo "en directo" aquí van unhas imaxes.
 Mil grazas!!!!!









martes, 11 de diciembre de 2012

EL MUÑECO DE NIEVE FELIZ

Seguindo cos contos de Nadal, hoxe tocou "EL MUÑECO DE NIEVE FELIZ" de Jack Tickle  (adaptación de Carmen Gil) e da editorial Combel. É un conto con "sorpresa" porque en cada páxina as personaxes parecen cobrar vida.
 E como nos gusta tanto, tanto cantar... pois acompañámolo da canción "O BONECO DE NEVE" que pertence ó disco de "Todos os animais ó caixón" de Susa Herrera con Mamá Cabra.
Cada estrofa da canción correspóndese cunha páxina do conto e, así, é máis divertido e fácil aprender a letra. Como non fun quen de atopar ningún vídeo para que poidades escoitar a canción na casa montei este moi sinxeliño. 
A imaxe é a portada do conto e está acompañada da canción.

CARTA ÓS REIS MAGOS DE ORIENTE

O vindeiro día 21 de decembro vannos visitar no cole as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente e, por iso, 
hoxe puxémonos mans á obra para preparar a nosa carta (para entregarlle en persoa).
Para evitar botar man dos socorridos catálogos de xoguetes e como aínda non sabemos escribir o suficiente o que fixemos foi elixir só dúas cousas de un  montón de propostas: pelotas, coches, bonecas, puzzles, contos, ordenador, roupa, etc. Pero claro, estes debuxos foron interpretados polos nenos e nenas a súa maneira. Así, entre as peticións máis curiosas estaban: "una hermanita de verdad, de las que usan pañal" (varias peticións de este tipo), "disfraces" en vez de roupa, "una casita" en vez de construccións... Aquí tendes a cada neno e nena coa súa correspondente carta desplegada.
UNOS ANIMALES Y UNA CASITA

UN PUZZLE Y UNA HERMANITA DE VERDAD

UNAS BOTAS Y UNA MUÑECA

UNA BICI Y UNA MUÑECA

UNA BICI Y UNA MUÑECA

UN BEBÉ Y UNA MUÑECA DE PONER EN LA SILLA

UN ORDENADOR Y UN CARRITO DE  BEBÉS

UN ORDENADOR Y UNOS PELUCHES

UN MALETÍN DE COLORES Y UNA MUÑECA

UN PUZZLE Y UNA SILLA DE BEBÉS

UN COCHE Y UN MUÑECO

UNA MUÑECA Y UN CARRITO

UN COCHE Y UN TREN

UNA BICI Y UN DISFRAZ

UNA HERMANITA DE VERDAD Y UNAS TORRES

O TREN DE MARTIÑO

Nestes días de Nadal non podian faltar os contos relacionados coa temática.
 Para que os nenos e nenas foran cavilando sobre o que pedir ós Reis (o que seguro que non lle adicaron naaaaada de tempo estes días) "contamos este conto": 
CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS, da editorial Kalandraka.
Gustounos moito, moito porque ademais ten unha canción moi sinxeliña que di:
O TREN DE MARTIÑO, CHU, CHU, CHU
VAI POLO CAMIÑO, CHUCU CHUCU CHU.
(Agora cando imos en fila, no noso tren particular, cantamos esta canción)
E despois de disfrutar co conto pasamos a facer o noso tren de Martiño. A consigna a seguir para que fóra igual o que quería Martiño era: un tren de tres vagóns, o primeiro vermello, o do medio azul e o último amarelo. Aquí tendes un exemplo de como nos quedou...

miércoles, 5 de diciembre de 2012

QUE PASEDES UNHA BOA PONTE!!!!!!

Imos estar 4 días de ponte na casa, de vacacións!!!!!!! Teremos tempo para facer esas pequenas tarefas do cole, montar a árbore de Nadal, decorar as nosas casas, 
viaxar, pasear...
Espero que disfrutedes destes días para cargar as pilas e afrontar estes últimos días do ano de tanto traballo e
 tamén de tanta ilusión.


MANS Á OBRA FAMILIAS!!!!!!!!!

HOXE ENVIAMOS UNHA NOTA PARA CASA PEDINDO A PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN DE NADAL.
A IDEA CONSISTE EN DECORAR UN CALCETÍN (CALQUERA QUE SE TEÑA POLA CASA DESPARELLADO, AÍNDA QUE MELLOR DE ADULTO) E TRANSFORMALO NUN CALCETÍN DE NADAL. PÓDENSE UTILIZAR TODO TIPO DE MATERIAIS. 
O ÚNICO LÍMITE SERÁ A VOSA IMAXINACIÓN
TODAS AS CREACIÓNS SERÁN EXPOSTAS NA ENTRADA DO COLE.
MANS Á OBRA E A IMAXINACIÓN Ó PODER!!!!!!!!!!!!!!!!

martes, 4 de diciembre de 2012

¿QUEN SOMOS? ¿PAPÁ NOEL?

E seguindo coa temática do Nadal, hoxe fixemos uns 
Papá Noel moi divertidos. 
A ver se recoñecedes quen son... 
Van quedar moi bonitos nas nosas carpetas cos traballos do trimestre.


VISITA DE ANXO MOURE

Hoxe tivemos unha visita moi, moi especial no cole. Veu Anxo Moure a "contarnos uns contos" na biblioteca. Grazas a el pasamos un rato moi entretido. A historia xirou en torno a este libro, que é obra súa. Gustounos moito, moito.
E queredes ver o ben que o pasamos? E as nosas caras?
 De risa, de ilusión, de sorpresa, de susto...
Mirade, mirade.

lunes, 3 de diciembre de 2012

FACEMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL

CHEGOU O MES DE DECEMBRO!!!!!!!!!!!!!!!!
 E...... CON EL ACHÉGASE O NADAL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
 É UNHA ÉPOCA TAN FERMOSA PARA VIVIR COS NENOS E NENAS...
 E NO COLE COMEZAMOS POR FACER UNHA ÁRBORE QUE DECORE O NOSO CORREDOR. PINTAMOS CON PINCELES E TÉMPERAS, PICAMOS UNHAS BÓLAS DE CORES, DÉMOSLLE UNHA PISQUIÑA DE PURPURINA E PEGAMOS AS BÓLAS NA ÁRBORE. TANTO TRABALLO TIVO A SÚA RECOMPENSA. 
QUEDOUNOS XENIAL!!!!!!!!
7

FACEMOS UN NENO ENTRE TOD@S

O venres fixemos unha actividade que consistiu en facer un neno grande coa participación de todos e todas. Cada un foi facendo unha parte do corpo ata conseguir unha "obra de arte". Despois cada un fixo un autorretrato en pequeno, xa en tamaño ficha. Quedaron bastante logrados. É fantástico comprobar nestas idades a evolución que se ven nos seus debuxos e como van gañando en detalles, sobre todo na figura humana.

O ESTETOSCOPIO

Entre as cousas que nos ensinou Vero estaba o estetoscopio. Xa é un instrumento co que estamos moi familiarizados e que sabemos perfectamente para que se utiliza. Para seguir investigando utilizamos varios libros onde descubrimos que é o que podemos escoitar con el. E tamén puidemos comprobar nun libro como son algúns órganos do noso corpo. Incluso os puidemos tocar e comprobar que blandiños son. Foi unha moi boa experiencia. 
Mirade, mirade.

PEPPA PIG EN EL HOSPITAL

El viernes, aprovechando que a los niños y niñas les encanta Peppa Pig vimos un capítulo de esta serie que trataba una temática muy adecuada al proyecto que estamos llevando a cabo. En este enlace lo podréis disfrutar. Pinchad encima y...

CUMPLEAÑOS DE MANUEL

En el mes de noviembre Manuel cumplió 3 años y, así, con este cumple, todos los niños y niñas ya tienen 3 años. A partir de ahora todos los cumples serán ya de ¡4 años! Como siempre, hicimos la corona, una fiesta, música... y lo pasamos superbien. 
¡¡¡¡¡¡Felicidades Manuel!!!!!! 

martes, 27 de noviembre de 2012

LOS UNIFORMES DE LA ENFERMERA

E para afianzar algunhas das cousas que nos ensinou Vero, antes de marchar para casa fixemos esta ficha tan sinxela. Nela, pintamos coas dúas cores que teñen os enfermeiros nos seus uniformes: branco para o hostital ou centro de saúde e verde para o quirófano. Mirade, mirade.

VISITA DE VERO, LA ENFERMERA

Hoxe visitounos Vero, unha enfermeira que nos contou e nos ensinou un montón de cousas. Algúns nenos e nenas téñenlle un pouquiño de "medo", "respeto"... ós médic@s, enfermeir@s... porque non o relacionan con cousas agradables para eles. Hoxe intentamos suavizar esa imaxe e mellorala, vendo a parte máis positiva e bonita desta profesión. Vero ensinounos a roupa que utilizan, os instrumentos, escoitamos o noso corpo por dentro, tomamos a tensión, vendounos mans e cabeza, deixounos "disfrazar" coa súa roupa... Foi unha visita formidable. E nós, coma sempre, soubemos responder moi ben as nosas visitas e comportámonos de maravilla. 

LOS DÍAS DE LA SEMANA

Hace unos días os enseñamos unas canciones con las que comenzamos el día. Pues tenemos otra más que añadir a nuestro repertorio. Esta también nos habla de los días de la semana, pero relacionándolos en esta ocasión con el tiempo atmosférico.
 A nosotros nos encanta, y a vosotros?????????

lunes, 26 de noviembre de 2012

TENEMOS VISITA!!!!!!!!

MAÑANA MARTES TENEMOS VISITA EN CLASE. VIENE UNA ENFERMERA A CONTARNOS UN MONTÓN DE COSAS INTERESANTES.
LA RECIBIREMOS CON MUCHAS GANAS E ILUSIÓN.

viernes, 23 de noviembre de 2012

HABÍA UN SAPO

HOXE NO TALLER DE EXPRESIÓN CORPORAL APRENDEMOS ESTA CANCIÓN TAN DIVERTIDA. QUE VOS ENSINEN O BAILE QUE É MOI SINXELO,
 PERO QUE MOI, MOI DIVERTIDO!!!!!!!!!!!!!

FESTAAAAAAAA

A PROFE ESTÍBALIZ, MAÑÁ DIA 24, ESTÁ DE ANIVERSARIO E, POR ISO, HOXE TROUXO Ó COLE UNHAS PATATILLAS E UN POSTRE PARA CELEBRALO. PASÁMOLO MOI BEN. ESPERAMOS QUE PASE UN MOI BÓ DÍA. FELICIDADES PROFE!!!!!!!

miércoles, 21 de noviembre de 2012

CAILLOU VA AL MÉDICO

Hoxe, antes de marchar para casa, vimos un minicapítulo de Caillou no que ía ó médico.
 Aquí o tendes!!!!

E MÁIS MATERIAL...

Está sendo un éxito a aportación de material deste proxecto. O recuncho xa se está quedando pequeno. Haberá que pensar noutra forma de organización... Hoxe queremos agradecer a Sara, Gabriel, Valeria, Agustín e Rebeca. Moitas, moitas grazas!!!!!!!!!

A REVISAR CABEZAS!!!!!


martes, 20 de noviembre de 2012

IDENTIFICACIÓNS DE MÉDICOS

Xa temos feitas as nosas identificacións como doctores e doctoras. E así de guapos e guapas posamos diante da cámara. Coas nosas mellores sonrisas!!!!!!!!!!!

MÁIS XOGUETES DE MÉDICOS

Hoxe Diego trouxo máis xoguetes de médicos ó cole. Entre estetoscopios, termómetros, xeringuillas, vendas e tiritas ninguén se vai poñer enfermo na nosa clase.
Moitas grazas!!!!!



lunes, 19 de noviembre de 2012

PRESENTACIÓN DE MATERIAIS DE MÉDICOS

Trala petición feita ás familias, hoxe os nenos e nenas estiveron presentando todo o material aportado ó cole. Estetoscopios, tensiómetros, algodón, pinzas, gasas, botiquíns, contos... Xuntamos un montón de cousas para o noso recuncho dos médicos. Neste vídeo poderedes comprobar cantas cousas trouxeron e o ben que o pasamos tocando e probando todo. Con dicirvos que estivemos MÁIS DE UNHA HORA sentados vendo todo... Moitas grazas!!!!!
 E xa tomamos a primeira decisión: imos facer a nosa identificación de doctores e doctoras para poñer no mandilón!!!!!!!

domingo, 18 de noviembre de 2012

NUESTRO PEQUEÑO HOMENAJE A MILIKI

Desde el blog no quería dejar de recordar a Miliki. Gracias a su trabajo y al de "Los payasos de la tele" varias generaciones han disfrutado con sus canciones y sus "payasadas". Hoy, abuelos, padres y niños comparten los buenos momentos pasados con ellos. Aunque me imagino que la mayoría de los peques de clase no sabrán quién era este señor, estoy convencida de que conocen muchas de sus canciones. Me ha costado elegir una porque la mayoría me traen gratos recuerdos, de mi infancia y como profe. Me he quedado con Susanita...

viernes, 16 de noviembre de 2012

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO

XA REMATADO O PROXECTO DOS POLICÍAS, PUXÉMONOS NA DURA TAREFA DE ELEXIR UN NOVO OFICIO PARA APRENDER SOBRE EL. 
OS NENOS E NENAS FIXERON AS SÚAS PROPOSTAS. ISTO RESULTOU MOI COMPLICADO PORQUE A MAIORÍA QUEREN SER POLICÍAS E NON PROPUÑAN NADA NOVO. AÍNDA ASÍ, CONSEGUIMOS SACAR ALGUNHAS PROPOSTAS.
BOMBEIRO, IR NUNHA NAVE ESPACIAL, MÉDICA DE BEBÉS, VENDEDORA DE TENIS, VENDEDORA DE ZAPATOS, VENDEDORA DE XOGUETES...
E CON TODO ISTO QUEDÁMANOS CON CATRO. ESTES SON: 
BOMBEIRO, MÉDICO, ASTRONAUTA, VENDEDOR
DESPOIS, PASAMOS A VOTAR PARA QUEDARNOS SOAMENTE CON UNHA


ELECCION OFICIO - foto montaje

E COMO PODEDES COMPROBAR... O GAÑADOR FOI... TATATACHÁN...
OS MEDICOS
AÍNDA QUE A PROPOSTA FOI MÉDICO DE BEBÉS, XENERALIZAREMOS E INVESTIGAREMOS SOBRE OS MÉDICOS. SEGURO QUE DA MOITO DE SI.

CANCIÓN DE LOS DÍAS DE LA SEMANA

E OUTRA CANCIÓN QUE TAMÉN INCORPORAMOS O NOSO REPERTORIO É ESTA. ADEMAIS DE DIVERTIRNOS, CON ELA APRENDEREMOS OS DÍAS DA SEMANA: LUNES, MARTES, MIÉRCOLES, JUEVES...

CANCIÓN DE BUENOS DÍAS

AGORA QUE XA TEMOS UN ORDENADOR NOVO NA AULA E CONEXIÓN A INTERNET ÁBRESE UN NOVO CAMIÑO COA SÚA UTILIZACIÓN E AS POSIBILIDADES QUE NOS OFRECE.
POLAS MAÑÁS E, CANDO FAGAMOS AS RUTINAS, ESCOITAREMOS ESTA CANCIÓN PARA COMEZAR DE FORMA FENOMENAL O DÍA. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE A CANTEDES COS NENOS E NENAS.

REMATAMOS PROXECTO

Hoxe rematamos o proxecto dos policías e, por iso, fixemos unha pequena portada que irá nas carpetas cos traballos ó final deste trimestre. Aquí tendes algunhas fotos para ver como traballamos.

Estas son as fichas que fixemos de traballo indiviual, ademais de moitos outros xogos, actividades e visitas.








E así damos por finalizado un proxecto que saliu fenomenal e que nos encantou.