martes, 4 de diciembre de 2012

VISITA DE ANXO MOURE

Hoxe tivemos unha visita moi, moi especial no cole. Veu Anxo Moure a "contarnos uns contos" na biblioteca. Grazas a el pasamos un rato moi entretido. A historia xirou en torno a este libro, que é obra súa. Gustounos moito, moito.
E queredes ver o ben que o pasamos? E as nosas caras?
 De risa, de ilusión, de sorpresa, de susto...
Mirade, mirade.

3 comentarios:

Unknown dijo...

¿pero cómo pode ser que Diego no nos dixera nada de esta visita tan especial?
Preguntámoslle todos os días que fai no cole, e sempre dí, pintar e cantar.
Mira que insistimos para que nos fale das súas actividades da clase, pero nada. Non sei si os demais nenos son tamén así na casa, o meu dende logo non solta prenda.
si non é por este blog non nos enteramos de nada.

Por certo a visita de Anxo unha maravilla, as súas cariñas dino todo, e que atentos están, incluso algún atreveuse co disfraz de Anxo.
Que sorte teñen os nosos peques o noso cole e xenial e as nosas profes as mellores.

maría dijo...

Pois o de non contar nas casas o que fan no cole creo que é algo bastante xeneralizado, polo que me contan os papás e mamás. Como xa vos dixen para iso está o blog, para poder compartir coas familias unha parte do que facemos no cole.
E a visita de Anxo estivo moi, moi ben. Eu nunca o vira actuar en directo pero quedei encantada, coma os pequechos. As súas caras estaban entre o asombro, a sorpresa, a ilusión... e estiveron superatentos. Unha maravilla en tódolos sentidos.

Unknown dijo...

Na casa miramos o blog con Diego para tirar un pouquiño del e que nos conte cousiñas, pero él o que quere son as cancións e bailar.