lunes, 3 de diciembre de 2012

FACEMOS UNHA ÁRBORE DE NADAL

CHEGOU O MES DE DECEMBRO!!!!!!!!!!!!!!!!
 E...... CON EL ACHÉGASE O NADAL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
 É UNHA ÉPOCA TAN FERMOSA PARA VIVIR COS NENOS E NENAS...
 E NO COLE COMEZAMOS POR FACER UNHA ÁRBORE QUE DECORE O NOSO CORREDOR. PINTAMOS CON PINCELES E TÉMPERAS, PICAMOS UNHAS BÓLAS DE CORES, DÉMOSLLE UNHA PISQUIÑA DE PURPURINA E PEGAMOS AS BÓLAS NA ÁRBORE. TANTO TRABALLO TIVO A SÚA RECOMPENSA. 
QUEDOUNOS XENIAL!!!!!!!!
7

2 comentarios:

Unknown dijo...

Xa nos fixamos onte na arbore de nadal tan chula que tedes colgada na entrada.
O mirar as fotos o que me parece increible e que os peques estén todos sentadiños mentras os seus compañeiros pegan as suas bolas.
Algúns vamos ter que contratar a profe María para que poña algo de orde e disciplina na nosa casa...
A purpurina e a pintura non quedeu soamente nas bolas, porque a cabeza e pelo de Diego estaba cheos de cor e brillantes, pero e que así e máis divertido.

maría dijo...

Pois estes nenos e nenas están moi acostumados a esperar o seu turno e a estar atentos o que fan os compañeiros/as (polo menos na escola). E é moi importante que así sexa. Teñen que aprender a valorar o que fan os demais e que non todo xira en torno a eles. E grazas a iso o resultado son estes traballos tan bonitos que fan. E a satisfacción de conseguilo grazas a que todos colaboramos.
Agora vendo a árbore no corredor parece cousa de media hora, pero o certo é que leva moitas horas de traballo.