miércoles, 31 de octubre de 2012

HAPPY HALLOWEEN!!!!!!!!!!

Temos por diante 4 días para descansar, divertirnos, pasear, viaxar, facer visitas... Así que disfrutade destes días.
 Vémonos o luns no cole.

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O HALLOWEEN

Hoxe festexamos o Samaín no cole e, para iso, fixemos uns obradoiros para divertirnos. Un deles foi o de cociña, no comedor. O noso menú estaba formado por unhas momias (feitas con pan de molde e fiambre) e unhas arañas (feitas con galletas, nocilla e gominolas). Como xa era un pouquiño tarde para comer todo, empaquetámolo moi ben e seguro que demos boa conta de todo o manxar pola tarde. Aquí tendes algúns momentos da laboriosa elaboración. Acabamos con nocilla ata as orellas!!!!!!!!!!!!


Despois de cociñar, tocounos ir ó obradoiro de maquillaxe. As profes Lucía e Patricia esmeráronse moito e, despois das peticións de nenos e nenas, estes foron os resultados. Quedaron tan guapos e guapas e tan logrados que a algúns era difícil recoñecelos!!!!!!!!!!




CORRE CORRE, CABACIÑA

Con motivo do Samaín, a profe Lucía contounos a historia de "Corre corre, cabaciña". É un libro da editorial OQO que nos gustou moito. Esta é a portada do conto.
Este conto ten unha canción co mesmo título que aparece no CD e DVD "Contos en cantos" de Almudena Janeiro. Aquí tendes o vídeo por se queredes cantala cos vosos fillos e fillas.


A DISFRUTAR CON ELA!!!!!

martes, 30 de octubre de 2012

UN COCHE DE POLICÍA... CHEGA Ó COLE

Menuda visita tivemos hoxe no cole... Se xa quedaramos encantados coa visita do noso poli favorito, hoxe xa foi insuperable. Un coche de policía no cole!!!!!!!!!!!! Coas luces, as sirenas, o micro para falar... Que ben   o pasamos!!!!!!!!!!!!!
Aquí tendes unha foto de recordo que nos sacou a profe Patricia.

Pero seguro que queredes ver máis non? Como nos probamos os chalecos, como falamos, como montamos no coche... Pois ides ter sorte... Aquí tendes!!!!!!!!!!

AS CABAZAS DO CON

Pero que artistazos e artistazas temos no cole... Os mellores deseños de todo o Morrazo... E sen non o credes, pois aquí tendes as fotos para comprobalo!!!! Bo traballo!!!!!!!!!

cabazas - diapositivas

lunes, 29 de octubre de 2012

COMEZAMOS UN MURAL DE OUTONO...

Estes días comezamos a facer un mural de outono pero, como o facemos a ratiños, vai un pouco lento. A semana pasada pintamos os troncos das árbores con témpera e hoxe saímos ó patio a recoller follas secas para pegar no mural. Cando teñamos outro ratiño continuaremos co mural para que poida decorar o corredor do noso cole. Aínda que esta semana non creo que lle toque. (Entre visitas e festa de Samaín-Halloween andaremos un pouquiño liados).

viernes, 26 de octubre de 2012

A DECORAR CABAZAS...

Dentro de moi poucos días chegará unha festa máxica, aquí en Galicia o Samaín, e que se semella o Halloween coñecido no mundo enteiro. Por iso, familias, vos encargamos unha tarefa para pasar un rato entretidos esta fin de semana. Baleirar e decorar unha cabaza que adornará a entrada do noso cole. Confiamos na vosa imaxinación e estamos seguros de que nos ides sorprender. Ah... e non vos olvidedes tamén de descansar un pouquiño. 
Ata o luns!!!!!!!!

PACO

Ó longo desta semana estivemos traballando cun conto da editorial Kalandraka, Paco. Conta a historia dun rato chamado Paco que vai á lúa e cando chega alí... E aquí paro, que non vos quero desvelar que máis pasa. A portada do conto é esta, por se vos interesa conseguilo.
Partindo deste conto fixemos varias actividades. Unha delas foi ir ó ximnasio do cole e facer un circuíto que representaba a viaxe de Paco ata a Lúa. Tivemos que subir escaleiras, pasar por riba dun banco, saltar nos aros... para, por fin, chegar á Lúa. Mirade, mirade que ben o pasamos!!!!

Tamén fixemos un pequeno cadro basado no conto de Paco. Foi unha pequena montaxe nunha cartulina negra na que pegamos unha lúa, estrelas e o rato Paco. Traballamos moito e o resultado foi moi bó. Hoxe xa puidemos levar a nosa obra de arte para casa. Aquí tendes algunhas fotos do proceso.


ANIVERSARIOS OUTUBRO

Hoxe estivemos de festa no cole!!!!!!! Celebración de cumples!!!!! E nesta ocasión tivemos 3 protagonistas que cumpriron 3 anos: Valeria, María Pena e Gabriel. Que ben o pasamos: cantamos e bailamos o "cumpleaños feliz", comimos (máis ben engulimos case sen respirar) patatillas e gusanitos, sopramos as velas,  comimos a tarta... Moitas felicidades ós tres! E grazas as súas familias, coma non, por traernos todas esas cousas ricas. 

miércoles, 24 de octubre de 2012

MEMORY DOS POLICÍAS

Nestes últimos dous días xogamos a un "memory" de policías. Nas tarxetas aparecían un coche, un silbato, un policía... E xogamos con elas de dúas formas.
O primeiro día xogamos no ximnasio. A profe indicaba como tiñamos que transportar a tarxeta: na cabeza, arrastrándoa polo chan, entre as pernas... Cando escoitaramos unha palmada había que buscar o neno ou nena que tiña o mesmo debuxo e meterse dentro dun aro. María e Diego aparecen sen parella nas fotos porque, ó ser impares, a profe tivo que xogar e era a súa parella.


O segundo día xogamos na clase. Puxemos tódalas tarxetas coa imaxe para abaixo e, levantando de dúas en dúas, tiñamos que atopar a súa parella. Despois de pasar por tódolos nenos e nenas, conseguímolo.

Agora este xogo pasará a formar parte do noso recuncho para poder xogar libremente con el.

martes, 23 de octubre de 2012

DESPEDIDA DE JUDITH

Levamos pouco tempo na escola, aínda nos estamos coñecendo... e, sen embargo, xa temos unha noticia triste no cole: unha despedida. Judith xa hai varios días que non está na nosa escola. Foi unha noticia tan inesperada e tan de súpeto que non nos puidemos despedir dela. Esperamos que todo lle vaia moi ben no seu novo cole e que, se pode, nos veña visitar. Un bico enorme de tódolos teus compis!!!!!!!


lunes, 22 de octubre de 2012

NUESTRAS INICIALES

Para facilitar el reconocimiento de nuestros nombres (sin la ayuda de la foto) hemos empezado a trabajar un poquito nuestra inicial. Para ello, hoy hemos hecho un juego muy sencillo. Primero fuimos presentando todas las iniciales de nuestros nombres y sus fonemas. Al mismo tiempo, íbamos escuchando como sonaban y los reproducíamos. Así, en nuestra clase tenemos, por ejemplo, la "S" que suena sssss de las serpientes, la "M" de qué rico y de las montañas, la "P" que hicimos sonar con nuestros labios o la "D", con la que metimos nuestra lengua entre los dientes con cuidadito para no mordernos. Luego, cada uno con su tarjetita tuvo que buscar su inicial entre todos los folios de colores del suelo. Luego, para que nos quedaran aún más bonitas las decoramos con los gomets. En esta presentación aparecen algunos momentos.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize your own free collage

sábado, 20 de octubre de 2012

A QUE PARECEMOS POLIS DE VERDADE?

Despois de tanto traballo,  chegou a recompensa. Poder levar para casa o noso carné e a nosa gorra. Mirade que guapos e guapas marchamos para casa!!!!!

viernes, 19 de octubre de 2012

PREPARAMOS OS CARNÉS E AS GORRAS DE POLICÍA

Durante estes últimos dous días traballamos un montón para facer o noso carné de policía e a nosa gorra. Eliximos o número para a nosa identificación, coñecimos o escudo de Moaña (xa que seremos polis de Moaña), pegamos a foto no carné, escribimos o noso nome, preparamos a nosa placa, coloreamos a gorra... Non paramos nin un minuto. E nesta presentación poderedes mirar un pouquiño dese traballo!!!!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

VISITA DO PAPÁ DE DIEGO

Hoxe tivemos no cole unha visita moi, moi especial. Tivemos a sorte de contar cun gran policía, pero non era un calquera, era Jose, o papá de Diego, que, según di el, de maior vai ser "un poli genial". Mostrounos un montón de cousas: a súa roupa, as esposas, a porra... e contounos tódalas cousas boas que fan tódolos días pola xente. E se por todo isto fora pouco, ó rematar, e despois da foto de recordo, dounos a cada un unha chuchería. Moitas grazas por acompañarnos e compartir con nós o teu traballo. Estamos convencidos de que eres un moi bó poli. Volve cando queiras. 


VISITA PAPÁ DIEGO - presentacion imagenes

E SEGUIMOS XUNTANDO MATERIAL PARA O NOSO RECUNCHO

Nestes últimos dous días, as nenas e os nenos seguiron traendo máis material para o recuncho dos policías. Mirade, mirade, cantas cousas!!!!!!!!!
MANUEL: un coche de policía e un vídeo de Little People
VALERIA: un puzzle e un coche de policía
REBECA e AGUSTÍN: uns silbatos, unhas placas de sheriff e un libro 
GABRIEL: un libro dos Bolechas
SABELA: unha pistola de policía
SARA: un libro de coche de policía


lunes, 15 de octubre de 2012

XOGOS NOVOS PARA CLASE

Cando regresamos á nosa clase despois de estar coa profe Olalla, nunha silla, alí no medio, había dous paquetes, dous regalos. A profe contounos que os trouxera o carteiro para nós. A encargada, que hoxe era María, e máis a súa axudante, Laura, abriron os paquetes e isto foi o que atoparon.



Un puzzle e un xogo con moitas pezas redondas e con dentes. Non sabiamos moi ben como xogar con el e, por iso, despois de repartir as pezas, probamos a ver que salía. E estes foron algúns resultados.






AGASALLOS PARA TOD@S

Diego trouxo da comisaría do seu papá uns agasallos para tódolos compis da clase: unhas pegatinas, uns lapis e unha caixa de pinturas. Cando marchamos para casa, Diego repartiulle unha carpeta a cada un con todo este material. Foi o noso premio de hoxe. Moitas grazas Diego.



MÁIS MATERIAIS DE POLICÍA

Hoxe os rapaces trouxeron máis cousas ó cole dos policías. Seguen rebuscando nas súas casas e atoparon...
PABLO trouxo unhas ESPOSAS

MARÍA trouxo unha PISTOLA DE POLICÍA

DIEGO trouxo un DVD DE EDUCACIÓN VIARIA

MOITAS GRAZAS A TOD@S

A MEDALLA DE LAURA

Esta fin de semana Laura participou na III Carreira Pinga-Pinga e gañou unha medalla que trouxo ó cole para ensinarlla a tódolos compis. E nós sin saber que tiñamos unha atleta na clase... Noraboa Laura.

jueves, 11 de octubre de 2012

A DESCANSAR...

MAÑÁ XA FAI UN MES QUE COMEZAMOS Ó COLE... E CHEGA A PRIMEIRA FIN DE SEMANA UN POUQUIÑO MÁIS LONGA. DISFRUTÁDEA, DESCANSADE, E VÉMONOS O LUNS CON ENERXÍAS RENOVADAS.


PRESENTACIÓN DE MATERIAIS

DESPOIS DA NOTA ENVIADA ONTE ÁS FAMILIAS, HOXE CHEGARON OS PRIMEIROS MATERIAIS RELACIONADOS COS POLICÍAS. GRAZAS A DIEGO, LAURA E PAULA POR COMPARTIR TANTAS COUSAS CON NÓS. ESTABAN TAN ENTUSIASMADOS MOSTRANDO AS SÚAS ACHEGAS. E OS DEMAIS SUPERCONTENTOS PROBANDO E TOCANDO TODO O MATERIAL. PERO MOITO MELLOR QUE LELO É PODER VELO NESTE VÍDEO!!!!!!

miércoles, 10 de octubre de 2012

O POLO PEPE

O primeiro conto que os nenos/as escoitaron na escola foi o do "Polo Pepe" xa nos primeiros días de adaptación ó cole. Encantoulles porque, ademais de conto, tamén ten unha canción e un baile e, raro é o día, no que non me piden que lles poña o Polo Pepe.
E aquí vos deixo un vídeo no que podedes escoitar a canción. O baile... a ver quen consigue que o neno/a llo ensine na casa porque no cole sale de marabilla.


QUEREMOS SABER SOBRE... OS POLICÍAS

Despois da primeira toma de contacto sobre os oficios, decidimos que imos comezar cos policías. E  preguntei na asamblea que sabían sobre o tema. Estas foron algunhas das respostas:
- "Los polis ponen multas"
- "A las niñas, a algunas sí y a otras no"
- "Porque hacen los deberes mal"
- "Y a los papás les ponen las multas porque los polis vigilan que lleven los cinturones pusidos (puestos)"
- "Llevan puesta ropa de color azul y tienen una libreta amarilla para poner multas"
Como vedes, en resumo, saben que os policías poñen multas. Esperemos que despois de investigar un pouquiño se decaten de que fan moitas outras cousas.
Por certo, os cativos si que lle dan voltas na súa cabeciña xa a temática. Hoxe, nada máis chegar ó cole, Judith me informou de que xa non quere ser "carpintera" como dixo o outro día. Agora quere ser "camionera de helados". 

EXPERIMENTAMOS...

Nestes primeiros días e mentres non nos adentramos definitivamente no proxecto, experimentamos cos distintos materiais que temos na clase para familiarizarnos e comprobar o manexo que temos dos diferentes utensilios, tendo como temática a estación na que estamos, o outono. Nesta ocasión tocou decorar unha árbore con trociños de papel e usar o pegamento que, en xeral, nos gusta moito.

martes, 2 de octubre de 2012

DE MAIOR QUERO SER...

ESTE ANO, NO COLE, IMOS DESENVOLVER UN PROXECTO SOBRE OS OFICIOS. FACENDO UNHA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO COS NENOS E NENAS, PLANTEXAMOS ESTA PREGUNTA: ¿DE QUE QUERES TRABALLAR CANDO SEXAS MAIOR? E ESTAS FORON AS RESPOSTAS...
DIEGO: un poli genial
SARA: quiero tener el parque de bolas de la Xoubiña
PAULA: quiero trabajar vendiendo tenis
SABELA: tendera, de una tienda de zapatos
MARÍA PORTELA: quiero vender zapatos
MARCELA: quiero trabajar en una tienda vendiendo juegos y juguetes de Dora
VALERIA: no sé
MARÍA PENA: quiero trabajar en una tienda de tenis
AGUSTÍN: policía
GABRIEL: no sé
LAURA: policía
MANUEL: policía
REBECA: quiero trabajar en el coche de Papá Noel, repartiendo regalos
AITANA: policía
PABLO: quiero trabajar en un juego de bolas
JUDITH: carpintera