jueves, 20 de diciembre de 2012

PIZARRA DIXITAL E PSICOMOTRICIDADE

O mércores, despois do recreo, fixemos dous grupos: as "mariposas" e os "gatos" para facer dúas actividades. Así, con grupos máis pequenos, de 7 nenos e nenas, sería máis fácil realizar os xogos previstos. Un dos grupos foi coa profe Estíbaliz a facer uns xogos de psicomotricidade no ximnasio. E o outro grupo foi coa profe María á xogar na pizarra dixital que está na biblioteca. Agora que xa somos máis maiores e que xa sabemos esperar o noso turno imos comezar a utilizar esta nova ferramenta que nos gustou moito. E cando rematamos os xogos, cambiamos de lugar, de tal forma que tódolos nenos e  nenas realizaron as dúas actividades. Foi unha moi boa experiencia que a partir de agora repetiremos cada certo tempo.
E aquí están as imaxes para que comprobedes o ben que o pasamos.

PIZARRA DIXITAL

PSICOMOTRICIDADE

1 comentario:

Unknown dijo...

Muy buena idea,ya lo hacian en la antigüedad "divide y vencerás" jejeje....supongo que asi son mas faciles de "guiar"