viernes, 9 de noviembre de 2012

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

E despois de tanto traballar e tanta preparación, chegou o día. Comezamos cunha pequena actuación da canción xa coñecida por todos e todas. Os nenos e nenas da aula de 3 anos que aínda teñen un pouco de vergoña estiveron un pouco cortadiños pero, aínda así, fixérono moi ben. Despois tocou comer castañas quentiñas e biscoitos e tortas. E, por último, a xogar e disfrutar do día tan bonito que tivemos para o Magosto. Mirade, mirade, que ben o pasamos!!!!!

2 comentarios:

Unknown dijo...

Foi unha gozada poder compartir con as profes e os nenos unha festa popular coma esta. É ben certo que os peques estiveron algo avergoñados na canción da cabaciña,pero bueno...é a primeira vez,a seguinte sairá mellor! Os biscoitos,as castañas e todas as lambetadas boísimas,ainda que algún non probou nin bocado,entre eles o meu neno..... E personalmente botei en falta o poder facer un bo lume para asar as castañas no propio cole e despois poder emborrarse a cara con as faiscas,pero en xeral foi un bo dia.

Unknown dijo...

Equivoqueime e pusen o comentario do magosto na entrada de San Martiño.
Bueno a verdade e que o pasamos xenial e todas as familias disfrutamos moito, dos xogos e da comida.
A canción da cabaciña unha sorpresa preciosa, sí e verdade que os peques tiñan un pouquiño de vergoña pero a os papis caiasenos a baba igual o ver os nosos fillos tan guapos coas suas anteniñas de cabazas.
Gracias profes pola sorpresa e por deixarnos disfrutar do magosto en familia.