jueves, 31 de enero de 2013

OS ÚLTIMOS SABIOS E SABIAS DA NOSA CLASE

Acaba o mes de xaneiro e con el o prazo para presentar os traballos para as Olimpiadas do Saber. E estes son os últimos sabios e sabias da clase de 3 anos.
Pablo, que fixo un traballo con moitísimas fotos sobre os canteiros e que provocou un montón de curiosidade nos nenos e nenas ó mirar as fotos.





Laura, que investigou sobre as carreiras, que se encargaban de elaborar fíos, cabos... e que nos explicou con moito detalle axudándose dos debuxos.





E Paula, que nos falou do traballo das "hilanderas", explicando todo o proceso ata conseguir facer a roupa. E sabedes o que máis lle gustou? Pois tocar a ovelliña que había no traballo.






E tamén conseguiu a súa medalla Manuel, quen traballou moitísimo porque fixo dous traballos. Pero como só se podía un, quedouse co oficio das leiteiras. Nesta ocasión o que máis nos sorprendeu foi ver como utilizaban o burriño para levar o leite dun sitio para outro.






E xa a nosa última sabia, Sara. Ela de maior quere ser médica e, por iso, fixo o seu traballo sobre este oficio que, aínda que se mantén hoxe en día, cambiou moitísimo según pasaba o tempo. Sara falounos do doutor Abal de Moaña.





A NORABOA GRANDE, GRANDE DE TÓDALAS PROFES ÓS NENOS E NENAS (E FAMILIAS) QUE PRESENTARON OS SEUS FANTÁSTICOS TRABALLOS. MOITAS GRAZAS POR FACELO CON TANTO ENTUSIASMO E COLABORAR DESTA MANEIRA EN QUE POIDAMOS COÑECER OUTROS OFICIOS. E TAMÉN ANIMAR A AQUELES QUE NON PARTICIPARON NESTA OCASIÓN A QUE O FAGAN NOS VINDEIROS MESES. PRÓXIMA TAREFA DAS OLIMPIADAS EN ABRIL. 

1 comentario:

Unknown dijo...

Eu xa sabía que os peques de tres anos eran os máis sabios e sabias.
Son todos uns traballos preciosos e as familias pasámolo en grande axudando ós nosos fillos.
En Abril queremos máis.